Wednesday 15 de May de 2024

O festival Nadal con Caramiñas une folclore e solidariedade no 23 de decembro


Folclore galego e solidariedade volverán ir da man co Nadal con Caramiñas organizado pola Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

O festival tradicional terá lugar no 23 de decembro, ás 18.00 horas, no teatro cine Elma.

A entrada é libre ata completa-la cabida e a vertente solidaria deste evento virá marcada coa colocación dun stand para a recollida de donativos en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a través da xunta local da Pobra.